martes, 25 de octubre de 2011

Agricultura:

Dos 23,8 millóns de hectáreas do territorio romanés, o 28% están cubertas de bosques e máis do 60% dedícanse á agricultura. Da superficie agrícola, un terzo son pastos permanentes e aproximadamente un 63% é terra cultivable, máis da metade destinada a cereais, principalmente millo e trigo. Ao redor dunha décima parte dedícase a oleaxinosas. A renovación dos viñedos non provocou ningún incremento na superficie de cultivos permanentes.

Estruturas das explotacións agrarias

En 1989, case o 90% da SAU estaba ocupada por explotacións estatais e cooperativas; os agricultores independentes representaban menos do 12%, con parcelas pequenas. A privatización e a redistribución dos terreos agrícolas afectou a 5 millóns de persoas, fragmentando a propiedade da terra e provocando que o tamaño medio da explotación descendese ata menos de 2 ten de terra cultivable e 3 ten en total. Non obstante, a estrutura das explotacións está menos fragmentada que a da propiedade. Ademais de agricultores independentes, existen as antigas explotacións estatais non privatizadas , as asociacións de agricultores con estatuto xurídico que agrupan propietarios individuais e as asociacións familiares, sen estatuto xurídico, que cultivan a terra dos membros da familia . O sector privado representa arredor do 85% da produción agraria final.


Fonte de información

No hay comentarios:

Publicar un comentario