RELIXIÓN E LINGUA:
A organización relixiosa máis grande de Romanía é a Igrexa ortodoxa romanesa, á que están adheridos entre o 70% e 80% dos romaneses. Ademais, o país conta cun número considerable de católicos (en especial entre as minorías húngaras e alemás de Transilvania), protestantes de varias confesións, xudeus (principalmente en Bucarest) e musulmáns, sobre todo entre as minorías tártaras e turcas.
A lingua oficial é o romanés, unha das linguas románicas, falada por máis do 85% da poboación. Outras linguas que se falan son o húngaro, o alemán, o turco, o serbocroata e o yiddish.
Fonte de información
No hay comentarios:
Publicar un comentario