martes, 25 de octubre de 2011

Salarios y renta per cápita

O Instituto Nacional de Estadistica romanés publicou os datos de 2008 sobre o salario medio no pais, por provincias e no total do estado (ver mapa). O salario medio mensual foi de 1309 leus (311 euros), 365 mais alto que o ano 2007, sendo a capital onde mais afortunados son, chegando o salario medio a 1838 leus (771 euros).

Falamos sempre de medias, que non de medianas. A media aritmética é o valor obtido ao sumar todos os datos e dividir o resultado entre o número total de datos, é dicir, que se suman todos os salarios e estes se dividen entre o numero de asalariados, co que os salarios mais altos, sobre todo os que son enormes, soben a media cara a arriba, significando isto que os salarios mais pequenos son moito mais baixos que a media.

A mediana, non obstante, é o valor que ocupa o lugar central de todos os datos cando estes están ordenados de menor a mayor.que son menos. É dicir, que collendo todos os salarios, de cada persoa, e ordenandolos un a un de arriba a abaixo, a mediana seria o que ocupara o lugar central. Se ten poucos salarios moi altos, moitos altos, mais medianos, moitos mais baixos, e muchisimos mais baixos todavia, seguramente a mediana estaria situada entre os mais baixos ou os mais baixos todavia.

Isto significa que aínda que a media de Bucarest sexa de 717 euros ao mes a mediana é probable que non chegue nin a 300 (de feito entre os romaneses que eu coñezo por aqui poucos, moi poucos, chegan a 400). A diferenza entre media e mediana fai que nos leven a engano cando, por exemplo, nos falan de que en Kuwayt ou Arabia Saudi ao Produto Nacional Bruto per cápita é altisimo, cando en realidade só é altisimo o PNB da minoria mentres a minoria ten un PNB bastante escaso.



Fonte de información

No hay comentarios:

Publicar un comentario